miércoles, 23 de mayo de 2012

CELEBRACIÓN DOS MAIOS


A chegada da primavera foi celebrada dende tempos remotos por todos os pobos. Esta celebración pertence ao denominado “Ciclo de Maio”, tempo comprendido entre mediados de abril e mediados de maio. Estas festas e ritos encamíñanse a conseguir abundante colleita, a celebrar o final do inverno e a festexar a aparición dos primeiros froitos.
Galicia celebra en todas as súas comarcas a tradición dos maios, na que se elaboran con plantas e flores as figuras máis representativas, adornadas de froitas e co predominio da cor. A forma tradicional dos maios é cónica ou piramidal. A súa armazón está feito con varales e canas, recúbrese con fiuncho, espadañas, xestas…, e adórnanse con cáscaras de ovo, laranxas bravas e flores de todo tipo. O maio vai (como si dunha imaxe se tratara) sobre unhas andas nas que é trasladado dun lugar a outro polos compoñentes do grupo (entre seis e oito). Como remate, na parte superior, soen levar unha artística e vistosa coroa de flores, laranxas ou cáscaras de ovo.
O xefe do grupo ocúltase para cantar coplas debaixo do maio, mentras que os restantes do grupo van dando voltas acompasadamente collidos das mans e repetindo as estrofas do solista.



Este ano contamos coa axuda dun grupo de nenos do colexio de Seara que viñeron os días 2 e 3 a botarnos unha mán na elaboración do maio: axudáronnos a coser o fiuncho, a facer collares coas margaridas,... e ao rematar cantamos unha copla todos xuntos e levaron o seu maio ao colexio. Pasámolo en grande!
O día 4 de maio celebramos os aniversarios dos últimos meses e a Festa dos maios en AFAMO e como manda a tradición elaborouse unha figura piramidal e cantáronse diferentes coplas. Ademais, contamos coa presenza de Xabier Blanco, Salvador Meira e Manuel Méndez para animar a tarde.

martes, 22 de mayo de 2012