miércoles, 18 de julio de 2012

Técnicas de masaxe terapéutica

No mes de setembro temos previsto comezar o curso "Técnicas de masaxe terapéutica" dentro do Programa Pensa en ti da Deputación de Pontevedra. O horario inicial será os martes e xoves de 19.30 a 21.00 horas cunha duración total de 30 horas e un custo de 6 euros e impartirase na sede de AFAMO en Moaña.
É importante que vos anotedes canto antes (as prazas son limitadas) no teléfono 986313761.

martes, 3 de julio de 2012

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO PARA PERSOAS CON ALZHEIMER

No Ano Galego do Alzheimer, a Secretaria Xeral de Politica Social e a Dirección Xeral
de Xuventude e Voluntariado, poñen en marcha un programa de voluntariado co
obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas que padecen a enfermidade de
Alzheimer e das súas familias e coidadores.
Este programa xorde coa idea de fomentar que os cidadáns teñan un maior
coñecemento e solidariedade cara ás persoas que padecen esta enfermidade e
contribúan a garantirlle unha vida digna a estes enfermos, na súa maioria persoas
maiores.
O apoio de persoas voluntarias na atención dos enfermos de Alzheimer permítelles
gozar da compaña doutras persoas e axúdalles a mellorar o seu estado de ánimo, e
para as familias e persoas coidadoras é unha axuda de gran valor.
As persoas que queiran prestar acción de voluntariado con este colectivo poderán
colaborar nos seguintes centros dependentes da Consellería de Traballo e Benestar:
Centros de día de Alzheimer de
A Coruña:
A Coruña
Ferrol
Ribeira (AGADEA)
Santiago de Compostela (AGADEA)
Santiago de Compostela. Volta do Castro
Lugo:
Burela
As Gándaras (Lugo)
Lugo (AFALU)
Celeiro (Viveiro)
Pontevedra:
Lalín (Geriatros)
Moaña
Vigo
Residencias de Maiores de:
A Coruña:
Laraxe (Cabanas)
Concepcion Arenal (A Coruña)
Torrente Ballester (A Coruña)
Caranza (Ferrol)
Oleiros
Ribeira
Volta do Castro (Santiago de Compostela)
Fundación José Otero-Carmela Martinez (Santiago de Compostela)
Lugo:
Castro Riberas do Lea(Castro de Rei)
As Gándaras(Lugo)
Quiroga
Ourense
Bande
Nosa Señora dos Miragres (Barbadás)
Larouco
Pontevedra:
Meixueiro (Vigo)
Monte Arieiro (Vigo)
As persoas voluntarias realizarán nestes centros fundamentalmente funcións de
acompañamento. Estarán dirixidas por un profesional ou responsable do centro e
contribuirán a que os usuarios participen nas diversas actividades que se desenvolven
no centro, a apoialo na súa mobilidade, a realizar as actividades da súa vida cotiá e a
ocupar o seu tempo libre.
As persoas voluntarias tamén poderán realizar as súas tarefas con enfermos que viven
nos seus propios domicilios, proporcionándolles acompañamento e apoiando aos seus
coidadores habituais, sempre e cando estean interesados en recibir este servizo.
As entidades interesadas en contar con voluntarios para acompañamento domiciliario
son:
Asociacións de familiares de enfermos de Alzheimer
AFAL ( Ferrolterra)
AFAOR ( Ourense)
AFAMO ( Morrazo)
AGADEA ( Vigo)
As persoas interesadas en participar como voluntarios neste programa, pódense
inscribir no seguinte enderezo:
http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=78#forsux