Xa está aberto o prazo de inscrición do Curso de Atención e coidados na enfermidade de alzhéimer 2013.
Podedes inscribirvos dende o 1 de marzo ata o 15 de abril, o horario de atención é de 11.00 a 14.00 horas. Non é preciso que traïades nada, só cubrir a ficha que vos facilitaremos aquí, en María Martín, 3 - Baixo - Moaña.
O curso comezará o 2 de maio coa parte teórica (132 horas) en horario de 10.00 a 14.00 horas. Ao rematar faranse as prácticas no Centro de día de alzhéimer de Moaña.
Tedes máis información no noso Facebook AFAMO Morrazo ou no teléfono 986313761.
jueves, 28 de febrero de 2013
lunes, 18 de febrero de 2013
Taller Aprender a coidar, coidándose
Dende AFAMO démonos conta que co diagnóstico
da enfermidade as familias fanse conscientes do descoñecemento sobre as
consecuencias da mesma, xórdenlles cantidade de preguntas para as que
non teñen resposta, e o mesmo sucede na medida en que avanza e a persoa
precisa duns coidados máis especializados. Moitas veces non están
preparados e teñen medo de non acertar nos mesmos.
O obradoiro “Aprender a coidar, coidándose” ten por obxectivo transmitir coñecementos sobre o coidado do enfermo e a prevención do esgotamento do propio coidador, potenciando a adquisición de pautas e técnicas de coidado.
Componse de cinco sesións de dúas horas cada unha, en horario de 17:00-19:00, dando comezo o luns día 18 de marzo e finalizando o venres 22 de marzo.
Os interesados deben inscribirse de maneira gratuíta no Centro de AFAMO, ou chamando ao teléfono 986 31 37 61, antes do 12 de marzo.

viernes, 15 de febrero de 2013
Celebración do Entroido 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)