martes, 26 de noviembre de 2013

Taller "Aprender a cuidar, cuidándose"

Este taller tiene por objetivo transmitir conocimientos sobre el cuidado del enfermo y la prevención del agotamiento del propio cuidador, potenciando la adquisición de pautas y técnicas de cuidado. Se compone de cinco sesiones de dos horas cada una, en horario de 17.00 a 19.00, del lunes 16 al viernes 20 de diciembre de 2013.
Las personas interesadas pueden inscribirse de manera gratuita en el teléfono 986313761 antes del viernes 6 de diciembre.

jueves, 14 de noviembre de 2013

San Martiño 2013

Deixámosvos algunhas fotos da celebración de San Martiño deste ano. Subimos á Igrexa e fomos ata o furancho Ivonne a tomar castañas mentras ensaiaba Xavier Blanco e o Comboio Novo.

Máis imaxes no facebook!

Sesión de relaxación

O próximo día 22 de novembro ás 17.30 faremos unha sesión de relaxación coa psicóloga de familias, Lina fernández Rodríguez, dirixida ás familias. Os que esteades interesados en participar podedes inscribirvos no teléfono 986313761.

jueves, 12 de septiembre de 2013

Xuntanza na memoria 2013

Un ano máis xa está todo en marcha para conmemorar o Día Mundial do Alzhéimer que este ano se celebrará o sábado 21 de setembro na Carballeira da Rectoral de San Martiño en Moaña.
Os nosos usarios levan semanas ensaiando unha obra musicada e tamén haberá actuacións para toda a familia. Aquí podedes ver a programación.


jueves, 29 de agosto de 2013

Curso risoterapia

No mes de outubro temos previsto comezar un curso de Risoterapia dentro do Programa Pensa en ti da Deputación de Pontevedra.
O horario do curso será os luns e xoves de 19.00 a 20.30 horas cunha duración total de 30 horas. O curso ten un custo de 6 euros, pero é gratuíto para os socios e impartirase na sede de AFAMO en Moaña.
É importante que as persoas interesadas en participar se inscriban canto antes chamando ao teléfono 986313761 (preguntar por Romina) xa que as prazas son limitadas.
Ao finalizar o curso, darase un diploma.

jueves, 27 de junio de 2013

viernes, 21 de junio de 2013

San Xoán





En AFAMO adiantámonos a San Xoán e fixemos as tradicionais Herbas do Cacho.

miércoles, 5 de junio de 2013

CONVOCATORIA ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA DE SOCIOS



CONVOCATORIA DE ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA DE LA ASOCIACION DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER DEL MORRAZO

Moaña, 5 de junio de 2013

Estimados socios:
De conformidad con la Ley de asociaciones y de lo establecido en el artículo 14 de los estatutos de nuestra  asociación, se convoca  Asamblea General Ordinaria que se celebrará en el centro AFAMO, María Martín, 3 bj.  el próximo 22 de junio de 2013 a las 18.30h en primera convocatoria, y, en su caso en segunda convocatoria, el mismo día a las 19.00h, con el siguiente

ORDEN DEL DÍA 

-                     Lectura y aprobación del acta anterior.
-                     Plan de actividades 2013.
-                     Examinar y aprobar la memoria del 2012.
-                     Examinar y aprobar las cuentas del 2012.
-                     Examinar y aprobar el presupuesto para 2013.
-                     Ruegos y preguntas.

lunes, 3 de junio de 2013

Alfombras de Corpus

Hoxe os nosos usuarios foron ao colexio de Reibón a realizar a tradicional alfombra de flores cos alumnos do colexio.


lunes, 25 de marzo de 2013

Os coidados no enfermo con demencia na fase avanzada da enfermidade

Na última fase a persoa afectada de alzhéimer é completamente dependente dos demais como consecuencia da súa falta de autonomía, sendo o coidador o responsable da realización das súas actividades básicas como a hixiene, alimentación, vestido,..
O curso "Os coidados no enfermo con demencia na fase avanzada da enfermidade" ten como obxectivo manter a calidade de vida tanto das persoas afectadas como dos coidadores dotando a estes de estratexias que lle axuden a afrontar as limitacións do enfermo día a día, evitar a sobrecarga do coidador, tomar contacto e aconsellando segundo o caso sobre as axudas técnicas máis adecuadas e posibilitando o contorno dunha adaptación adecuada co mínimo gasto económico todo iso proporcionando seguridade á persoa enferma e ao seu coidador.
O curso será impartido polo terapeuta ocupacional do 15 ao 19 de abril en horario de 17.00 a 19.00 horas na Casa da mocidade de Moaña.
Inscrición en AFAMO ou no teléfono 986313761.

jueves, 28 de febrero de 2013

Curso atención e coidados na enfermidade de alzhéimer 2013

Xa está aberto o prazo de inscrición do Curso de Atención e coidados na enfermidade de alzhéimer 2013.
Podedes inscribirvos dende o 1 de marzo ata o 15 de abril, o horario de atención é de 11.00 a 14.00 horas. Non é preciso que traïades nada, só cubrir a ficha que vos facilitaremos aquí, en María Martín, 3 - Baixo - Moaña.
O curso comezará o 2 de maio coa parte teórica (132 horas) en horario de 10.00 a 14.00 horas. Ao rematar faranse as prácticas no Centro de día de alzhéimer de Moaña.
Tedes máis información no noso Facebook AFAMO Morrazo ou no teléfono 986313761.



lunes, 18 de febrero de 2013

Taller Aprender a coidar, coidándose

Dende AFAMO démonos conta que co diagnóstico da enfermidade as familias fanse conscientes do descoñecemento sobre as consecuencias da mesma, xórdenlles cantidade de preguntas para as que non teñen resposta, e o mesmo sucede na medida en que avanza e a persoa precisa duns coidados máis especializados. Moitas veces non están preparados e teñen medo de non acertar nos mesmos.

O obradoiro “Aprender a coidar, coidándose” ten por obxectivo transmitir coñecementos sobre o coidado do enfermo e a prevención do esgotamento do propio coidador, potenciando a adquisición de pautas e técnicas de coidado.

Componse de cinco sesións de dúas horas cada unha, en horario de 17:00-19:00, dando comezo o luns día 18 de marzo e finalizando o venres 22 de marzo.

Os interesados deben inscribirse de maneira gratuíta no Centro de AFAMO, ou chamando ao teléfono 986 31 37 61, antes do 12 de marzo.

viernes, 15 de febrero de 2013

Celebración do Entroido 2013





O mércores día 13 celebramos a Festa do Entroido. Para tal ocasión, puxémosnos as nosas mellores galas e disfrazámonos de indios e vaqueiros. Moitas grazas ás comparsas Animodo, Calcarrúas e Orquestra Cacharro por vir a animarnos a festa.

jueves, 31 de enero de 2013

Visita IES A Paralaia


Hoxe pola mañá viu un grupo de alumnnos e alumnas de 4ª da ESO do IES A Paralaia para darnos unha visita, coñecernos e contarnos unhas historias: A vaca que puxo un ovo, A ratiña presumida,...

martes, 22 de enero de 2013