lunes, 25 de marzo de 2013

Os coidados no enfermo con demencia na fase avanzada da enfermidade

Na última fase a persoa afectada de alzhéimer é completamente dependente dos demais como consecuencia da súa falta de autonomía, sendo o coidador o responsable da realización das súas actividades básicas como a hixiene, alimentación, vestido,..
O curso "Os coidados no enfermo con demencia na fase avanzada da enfermidade" ten como obxectivo manter a calidade de vida tanto das persoas afectadas como dos coidadores dotando a estes de estratexias que lle axuden a afrontar as limitacións do enfermo día a día, evitar a sobrecarga do coidador, tomar contacto e aconsellando segundo o caso sobre as axudas técnicas máis adecuadas e posibilitando o contorno dunha adaptación adecuada co mínimo gasto económico todo iso proporcionando seguridade á persoa enferma e ao seu coidador.
O curso será impartido polo terapeuta ocupacional do 15 ao 19 de abril en horario de 17.00 a 19.00 horas na Casa da mocidade de Moaña.
Inscrición en AFAMO ou no teléfono 986313761.