miércoles, 3 de octubre de 2012

Activando a mente

AFAMO vai impartir un obradoiro de memoria para maiores de 60 anos e sen deterioro cognitivo. A finalidade é a prevención e detección precoz. O obradoiro realizarase en Moaña, dúas tardes á semana cunha duración de dúas horas a sesión. Está financiado á Xunta de Galicia pola UE, dentro dos FEDER, e do programa ENVELLECEMENTO +  ACTIVO.
As persoas interesadas poden inscribirse no teléfono 986313761 ou na sede de AFAMO.