martes, 25 de febrero de 2014

CURSO DE ATENCIÓN E COIDADOS NA ENFERMIDADE DE ALZHÉIMER 2014

O luns ábrese o prazo de inscrición do Curso de Atención e coidados na enfermidade de alzhéimer 2014.

Podedes inscribirvos dende o 3 de marzo ata o 16 de abril, o horario de atención é de 11.00 a 14.00 horas. Non é preciso que traïades nada, só cubrir a ficha que vos facilitaremos aquí, en María Martín, 3 - Baixo - Moaña.

O curso comezará o 2 de maio coa parte teórica (132 horas) en horario de 10.00 a 14.00 horas. Ao rematar a teoría faranse as prácticas (128h) no Centro de día de alzhéimer de Moaña.

Tedes máis información e o guión do curso en facebook.com/afamomorrazo ou no teléfono 986313761.