lunes, 18 de febrero de 2013

Taller Aprender a coidar, coidándose

Dende AFAMO démonos conta que co diagnóstico da enfermidade as familias fanse conscientes do descoñecemento sobre as consecuencias da mesma, xórdenlles cantidade de preguntas para as que non teñen resposta, e o mesmo sucede na medida en que avanza e a persoa precisa duns coidados máis especializados. Moitas veces non están preparados e teñen medo de non acertar nos mesmos.

O obradoiro “Aprender a coidar, coidándose” ten por obxectivo transmitir coñecementos sobre o coidado do enfermo e a prevención do esgotamento do propio coidador, potenciando a adquisición de pautas e técnicas de coidado.

Componse de cinco sesións de dúas horas cada unha, en horario de 17:00-19:00, dando comezo o luns día 18 de marzo e finalizando o venres 22 de marzo.

Os interesados deben inscribirse de maneira gratuíta no Centro de AFAMO, ou chamando ao teléfono 986 31 37 61, antes do 12 de marzo.