jueves, 28 de febrero de 2013

Curso atención e coidados na enfermidade de alzhéimer 2013

Xa está aberto o prazo de inscrición do Curso de Atención e coidados na enfermidade de alzhéimer 2013.
Podedes inscribirvos dende o 1 de marzo ata o 15 de abril, o horario de atención é de 11.00 a 14.00 horas. Non é preciso que traïades nada, só cubrir a ficha que vos facilitaremos aquí, en María Martín, 3 - Baixo - Moaña.
O curso comezará o 2 de maio coa parte teórica (132 horas) en horario de 10.00 a 14.00 horas. Ao rematar faranse as prácticas no Centro de día de alzhéimer de Moaña.
Tedes máis información no noso Facebook AFAMO Morrazo ou no teléfono 986313761.